Actividades do Día da Muller

O xoves 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Con tal motivo, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego preparou unha serie de actos para esta xornada e días sucesivos: unha homenaxe a tres mulleres pola súa traxectoria persoal e profesional, obradoiros e un torneo de fútbol sala feminino.

Segundo apuntou a concelleira de Muller, Paula Prado, esta é unha data de reivindicación e solidariedade, pero tamén de “celebración polos dereitos adquiridos, sen perder de vista todo o que queda pendente por conseguir: pleno acceso ao emprego, paridade en cargos directivos, conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou erradicación da violencia de xénero”. Os actos programados con motivo do Día Internacional da Muller están enmarcados na consecución dos obxectivos do III Plan de Igualdade.

Sigue leyendo