25/N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

cartel 25 N

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral da ONU declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia da Muller, invitando aos gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións non gobernamentais a sensibilizar á poboación respecto ao problema da violencia contra a muller.

A data escolleuse como conmemoración do brutal asasinato no 1960 das tres irmás Mirabal (Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, coñecidas como “As bolboretas”), activistas políticas da República Dominicana, por orden do gobernante dominicano Rafael Trujillo.

O 20 de decembro de 1993, a Asemblea Xeral da OBNU aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller.

Un lazo violeta é o símbolo desta xornada, lembrando ás 146 mulleres asasinadas nun incendio na fábrica de camisas Triangle Shirtwais de Nova York. O violeta era a cor da tela que estaban a traballar as vítimas cando ocorreu a traxedia.

Por desgraza hai que instituír un día contra a violencia de xénero debido a que…

… A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.

… A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis coma na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón do xénero.

… A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra a SIDA, a paz e a seguridade.

… A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.

… A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

Podes obter máis información en

http://igualdade.xunta.es/es/area-de-violencia-de-xenero,

http://www.un.org/es/events/endviolenceday/

http://www.un.org/es/events/endviolenceday/pdfs/unite_the_situation_sp.pdf

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s