1ª charla do ciclo sobre a dignidade das persoas

O pasado mércores, despois de ver a película “Evelyn” os alumnos de 4º da ESO tiveron unha charla sobre a dignidade da persoa, especialmente da muller, sobre a prostitución como realidade desintegradora da persoa prostituída e das persoas que consumen prostitución e da realidade do tráfico e trata de persoas con fins de explotación sexual.

Esta charla intégrase dentro dun ciclo de tres reunións onde, dende o punto de vista legal, psicolóxico e educacional, tentamos educar aos nosos alumnos na realidade da integración, igualdade e liberdade da persoa como valor en si mesma, non como medio de comercio, escravitude e moeda de cambio dunha sociedade materialista e hedonista.

Este ciclo de charlas corre a cargo do “CENTRO VAGALUME” (centro especializado no apoio a persoas obxecto de trata con fins de explotación sexual).

Compartimos con vós unha información útil para que poidades saber en que consiste a trata de persoas, como identificala e que facer para loitar contra ela.

trata-vagalume

 

Deja un comentario